16/11/2026
O Concello de Guitiriz e o Club Btteiros Cova da Serpe celebraron o pasado domingo, 15 de novembro, unha nova saída da oitava edición do programa ‘BTTeando por Guitiriz’. Nesta ocasión, a actividade consistiu na realización da Ruta de Gravel, un percorrido polas pistas de terra da contorna do municipio.
Un grupo de 14 ciclistas déronse cita para desfrutar dunha mañá de deporte e convivencia sobre dúas rodas. A xornada comezou marcada polas fortes choivas que se sucederon durante as primeiras horas da mañá, aínda que finalmente a ruta puido desenvolverse sen precipitacións. As persoas participantes completaron un percorrido de 27 quilómetros, no que atoparon algunhas pistas ben encharcadas que fixeron as delicias das e dos ciclistas máis pequenos.
Ao longo do itinerario, o grupo percorreu diferentes lugares da contorna de Guitiriz, pasando por Santa Mariña, Pardiñas e un tramo da Ruta da Auga, entre outros espazos. Unha saída pensada para desfrutar da bicicleta a ritmo tranquilo, compartir a experiencia en grupo e descubrir a contorna natural do municipio.
A próxima saída do ‘BTTeando por Guitiriz’ chegará o 13 de decembro, coa proposta Btteando Nadal, que poñerá o broche de ouro a esta oitava edición.
O artigo ‘BTTeando por Guitiriz’ reuniu 14 ciclistas nunha nova saída pola contorna do municipio publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies