Noticias e alertas

A Escola Habanera acollerá unha formación práctica para mulleres sobre o aproveitamento da resina no marco do Proxecto Cares

29/10/2025

A Escola Habanera do Concello de Guitiriz acollerá unha formación práctica para mulleres sobre o aproveitamento da resina, organizada por Proyecto Cares. Leva por título ‘Castaña y resina como aprovechamiento multifuncional para impulsar la gestión forestal activa y el desarrollo rural en el noroeste peninsular’.


Está programada para os días 21 e 22 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas, e ten como obxectivo impulsar modelos de xestión conxunta dos aproveitamentos de resina e castaña, xerando así novos postos de traballo de calidade e de longa duración vencellados ao sector primario.


A formación, de carácter gratuíto e exclusiva para mulleres, está orientada a aquelas interesadas na extracción de resina de piñeiro e na cosmética natural como posibles actividades profesionais ou complementarias á súa labor actual.


Durante as dúas xornadas, as participantes recibirán tanto contidos teóricos como prácticos. O primeiro día centrarase nos métodos de extracción da resina, así como nos canais de venda e comercialización, mentres que a segunda sesión estará dedicada á elaboración de xabóns artesáns a partir da resina, poñendo en valor este recurso natural.


As inscricións permanecerán abertas ata o 18 de novembro e poderán formalizarse a través do formulario en liña dispoñible na páxina web do proxecto (https://caresgestionforestal.com).


Para máis información, pódese chamar ao 680 20 83 20 ou escribir ao correo electrónico proyectocares@gmail.com.


O artigo A Escola Habanera acollerá unha formación práctica para mulleres sobre o aproveitamento da resina no marco do Proxecto Cares publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies