Noticias e alertas

O Concello de Guitiriz amosa a súa oposición ao peche da empresa TIVAYGASA e reclama solucións para garantir o emprego

17/09/2025

O Concello de Guitiriz manifesta o seu profundo malestar e total disconformidade ante o anuncio de peche da empresa TIVAYGASA, unha decisión inesperada que deixa sen emprego a unha vintena de traballadores e traballadoras, xerando un forte impacto para o tecido socioeconómico local e afectando de forma directa ao benestar de numerosas familias do municipio.


A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, cualificou esta medida como “un golpe inxusto e demoledor para moitas familias de Guitiriz, que ven truncada a súa estabilidade laboral e persoal sen opción nin tempo de reacción”.

Desde o Concello considérase imprescindible atopar vías que permitan minimizar as consecuencias deste peche e, na medida do posible, garantir a continuidade dos postos de traballo.


“Non podemos permanecer alleos a unha decisión que afecta directamente ao futuro da nosa veciñanza. O Concello poñerase ao lado das persoas traballadoras, apoiando todas as iniciativas e mobilizacións que se impulsen na defensa dos seus dereitos”, subliñou a rexedora.


Deste xeito, o Concello de Guitiriz reitera o seu compromiso co emprego, coa defensa dos dereitos laborais e co benestar da veciñanza, trasladando todo o apoio ás persoas traballadoras afectadas, solidarizándose coa súa situación e poñéndose á súa disposición para acompañalos neste proceso, sumándose ás iniciativas e mobilizacións que se leven a cabo na defensa dos seus postos de traballo.


O artigo O Concello de Guitiriz amosa a súa oposición ao peche da empresa TIVAYGASA e reclama solucións para garantir o emprego publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies