Noticias e alertas

O Concello organiza un viaxe á Costa da Morte para o sábado 8 de outubro

26/09/2022

O Concello de Guitiriz organiza para o sábado, 8 de outubro, unha saída á Costa Morte, que inclúe visita aos municipios de Vimianzo, Muxía, Fisterra e Cee, ademais da parada no Ézaro, en Dumbría.


Esta viaxe está dirixida ao público en xeral e as prazas son limitadas polo que para asistir é necesario anotarse previamente no Concello, na oficina de Turismo, ou por teléfono no 982 370 109. O último día para formalizar as inscricións é o xoves 5 de outubro e o prezo é de 18 euros, que inclúe almorzo, xantar e transporte.


O horario de saída é as 8 horas desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz e lémbrase a obrigatoriedade de usar a máscara no transporte público.


O artigo O Concello organiza un viaxe á Costa da Morte para o sábado 8 de outubro publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies