Noticias e alertas

Os Reis Magos enchen de ilusión Parga e Guitiriz nunha tarde chea de música e tradición

05/01/2026

O Concello de Guitiriz recibiu na tarde deste luns a visita das Súas Maxestades de Oriente nun evento moi especial que encheu de ilusión, música e alegría á veciñanza, especialmente á cativada. A tradicional cabalgata, organizada polo Concello coa colaboración da Asociación Cultural Xermolos, percorreu varias zonas do municipio na que foi a xornada máis máxica do ano.


Os Reis Magos iniciaron o seu percorrido na parroquia de Parga, onde saudaron aos nenos e nenas no Campo da Feira, compartindo con eles un dos momentos máis esperados destas datas. Posteriormente, continuaron a súa visita ata a vila de Guitiriz, onde foron recibidos oficialmente na Casa do Concello.


Desde alí, as Súas Maxestades desprazáronse ata o Pavillón Municipal Jonathan Carro Paz, onde tivo lugar a recepción á cativada, que puido entregar as súas peticións de cara á noite máis máxica do ano.


A xornada estivo amenizada polas actuacións de Caivanca, Bloquinho de Xermolos e a Escola de Música Tradicional Xermolos. Como peche da celebración, todos os asistentes puideron gozar de chocolate quente e churros.


O artigo Os Reis Magos enchen de ilusión Parga e Guitiriz nunha tarde chea de música e tradición publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies