Noticias y alertas

Adrián López e Ainara Rodríguez, gañadores da XIV Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal

07/04/2024


  • Preto de 300 persoas participaron hoxe, domingo 7 de abril, no evento.


Adrián López e Ainara Rodríguez proclamáronse gañadores absolutos da XIV ‘Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal’ organizada polo Concello, en colaboración co Club Atletismo Guitiriz e coa Xunta Local de Loita Contra o Cancro de Guitiriz, na que participaron en total preto de 300 persoas.


Na categoría sub 10 os vencedores foron Roberto Fernández e Mireia Díaz, en sub 12, gañaron Lucas Lage e Noa Abella. En sub 14 remataron en primeiro posto Olaya Prado e Fran Miragaya, e en sub 16 fixérono Hugo Ferro e Nerea Braña. Na modalidade sub 18 o triunfo recaeu en Ramón Loureiro e Aldara Ceide. Na proba senior Adrián Suárez e Susana Abelleira encabezaron a proba, mentres que nas probas máster os vencedores foron os seguintes:



  • Máster 1: Esteban Díaz e María Álvarez.

  • Máster 2: Roberto Vale e Elvira Cereijo.

  • Máster 3: Javier Toro.


Proximamente anunciarase a cantidade total recadada a través das inscricións e da Fila 0, que irá a parar á Xunta Local de Loita Contra o Cancro de Guitiriz.


O artigo Adrián López e Ainara Rodríguez, gañadores da XIV Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies