Noticias y alertas

Fillas de Cassandra actuará na VII Festa da Torta de Millo

29/04/2024

Fillas de Cassandra é a primeira confirmación da programación de concertos da VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz, que se celebrará o domingo 2 de xuño no Campo da Feira.


As viguesas María Pérez e Sara Faro formaron o dúo no ano 2022 e, coa bandeira da música tradicional galega fusionada co pop electrónico e sempre desde unha perspectiva feminista, convertéronse nun dos nomes de referencia do panorama musical galego actual.


Así, Fillas de Cassandra será un dos pratos fortes da programación de concertos, que se continuará desvelando nos próximos días.


O artigo Fillas de Cassandra actuará na VII Festa da Torta de Millo publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies