Noticias y alertas

Exposición ‘Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta’

09/05/2024

O Concello de Guitiriz conmemora o Día das Letras Galegas coa exposición ‘Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta’, que se pode ver na Biblioteca Pública Municipal Casa Habanera ata o 31 de maio.


A exposición foi elaborada polo CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, de Ourense, e resultou premiada no concurso das Letras Galegas 2024, na categoría de secundaria, bacharelato e outras ensinanzas. Destaca polo seu carácter innovador ao amosar a protagonista das Letras Galegas como un avatar que convida a percorrer a súa traxectoria persoal e profesional a través do metaverso, unha realidade virtual na que se dispoñen imaxes, recursos e actividades interactivas.


Desde o Concello animan á veciñanza a “coñecer a figura de Luísa Villalta e o seu labor como renovadora das nosas letras, ao abrir unha liña de indagación poética sobre as interseccións entre a música e a poesía, o marcado feminismo e o discurso ético que impregnan toda a súa creación, e o seu fondo compromiso e desexo de contribuír, coa súa achega, a unha sociedade máis igualitaria”.


O artigo Exposición ‘Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies