Noticias y alertas

A terceira saída do ‘Guitiriz en Ruta’ levou a 23 persoas por Mariz e Santa Mariña

02/05/2024

Ata 23 participantes uníronse o pasado domingo á terceira saída da sexta edición do programa de sendeirismo ‘Guitiriz en Ruta’, cunha andaina polas parroquias de Mariz e Santa Mariña.


Os asistentes percorreron un traxecto de 11 quilómetros, con visita final aos muíños da Muiñeira, en Mariz.


O programa consta dunha andaina por mes, das que cinco son polo municipio, que son gratuítas, e as outras tres noutros concellos, que teñen un custe de 5 euros para empadroados e de 10 euros para os non empadroados. A seguinte saída será a da ruta da Pedra de Díaz Castro o o domingo 26 de maio.


Todas as saídas están abertas ao público xeral que teña unhas condicións físicas mínimas para poder camiñar varios quilómetros. Completan a programación: camiñando entre provincias (domingo 27 de outubro), a ruta do Río Mendo en Oza dos Ríos e Betanzos (domingo 24 de novembro) e a ruta do Río Requeixo (domingo 22 de decembro).


O artigo A terceira saída do ‘Guitiriz en Ruta’ levou a 23 persoas por Mariz e Santa Mariña publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies