Noticias e alertas

O Concello busca o “Rincón favorito de Guitiriz” a través dun certame en redes sociais

30/04/2024

O Concello de Guitiriz presenta o certame “Mi rincón favorito de Guitiriz”, un concurso a través da rede social Instagram que invita á veciñanza e ás persoas visitantes a subir fotografías da localidade para amosar e descubrir o máis destacado da vila: a súa paisaxe favorita, un fermoso atardecer, unha ruta de sendeirismo, un recuncho pouco coñecido ou unha espectacular torta de millo, entre outras.


O certame terá carácter e premios propios, pero ademais as obras a concurso competirán, xunto as fotografías de todo o país, polos premios nacionais de “Mi rincón favorito”, que buscan recoñecer as mellores imaxes de toda a xeografía española.


O prazo para inscribir as obras no certame estará aberto ata o sábado, 31 de agosto, inclusive. Así, os premios a nivel local daranse a coñecer o 9 de setembro e os gañadores/as nacionais, o 27 de setembro, coincidindo co Día Mundial del Turismo.


Para participar, as persoas participantes deberán tomar unha instantánea cun teléfono móbil (aceptaranse tamén imaxes tomadas con calquera dispositivo), subila á rede social Instagram xunto cos cancelos do certame (#mirinconfavorito e #mirinconfavoritodeguitiriz) e encher, tantas veces como fotos presenten, neste formulario de inscrición, onde tamén se poden consultar as bases.


O texto da descrición da imaxe formará parte da obra e o xurado pode telo en conta á hora de elixir os traballos gañadores. O formato e extensión deste texto é libre e se permite a inclusión de emoticonos.


Deste xeito, poderán participar todas as persoas que o desexen sen importar idade ou lugar de nacemento. O único requisito é que a obra presentada estea realizada en Guitiriz, ou faga referencia ao municipio.


O certame contará con dous premios: un primeiro premio dotado con 200 euros e un segundo dotado con 100 euros. A obra gañadora do primeiro premio será impresa en diversos materiais promocionais (postais, adhesivos e pósteres) que a recoñecerán como o traballo gañador do concurso.


Ademais, a fotografía gañadora optará aos galardóns nacionais do proxecto “Mi rincón favorito”:

1º premio: 500 euros

2º premio: 400 euros

3º premio: 300 euros

4º premio: 200 euros

5º premio: 100 euros

10 premios accésit de 50 euros.


O obxecto desta convocatoria é o estímulo das persoas que residen ou visitan Guitiriz na súa capacidade creativa no terreo da fotografía dixital á vez que se busca xerar contido enriquecedor nas redes sociais a través dun uso responsable e con finalidade cultural.


Tamén, este certame cumpre un obxectivo promocional, facendo que sexan as propias persoas usuarias as que mostren os aspectos que eles mesmos consideren máis relevantes da localidade, e aproveitando o efecto viral da comunicación a través de las redes sociais.


O artigo O Concello busca o “Rincón favorito de Guitiriz” a través dun certame en redes sociais publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies