02/05/2024
A vida e obra do escultor cambadés Francisco Asorey, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2024, chega á escola Habanera de Guitiriz da man dos usuarios e usuarias da Asociación Alume de Guitiriz.
Froito desta colaboración as persoas visitantes poderán descubrir as súas obras nos 9 paneis informativos creados para a ocasión. Francisco Asorey González está considerado un dos renovadores da arte galega e unha das figuras máis relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX.
A exposición “Vida e obra de Francisco Asorey” estará aberta ao público desde o 2 de maio ata o 31 de maio, na entrada da escola Habaneira.
Ademais dos paneis informativos as persoas usuarias de Alume crearon un pequeno reto a resolver sobre a vida e obra do escultor homenaxeado. Entre todos os visitantes sortearase unha axenda de edición limitada centrada nas fortificacións das terras e comarcas de Lugo e un calendario homenaxe do escultor Francisco Asorey.
O artigo A exposición ‘Vida e obra de Francisco Asorey González’ chega á Habanera da man da Asociación Alume publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies