Noticias y alertas

A Aula CeMIT do Concello de Guitiriz acolle a semana 2 da actividade "Kids Digital Summer Camp"

08/07/2020

A aula da rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica, Rede CeMIT, do Concello de Guitiriz acolle durante o mes de xullo a actividade “Kids digital summer camp”.

Esta actividade do aliado dixital Everis levarse a cabo na Aula CeMIT Guitiriz no mes de xullo, en horario de 16:00h a 17:30h, e está destinada aos nenos e nenas de entre 11 a 15 anos de idade.

Co obxectivo de introducir aos máis pequenos no mundo das novas tecnoloxías, o aliado dixital Everis, organiza un campamento de tecnoloxía para os cativos e cativas en formato virtual e de balde. A continuación mostrase o listado de talleres e charlas que se van a poder seguir dende a aula CeMIT de Guitiriz.

Martes 14:

  • Charla: “A seguridade nas redes.” A cargo do Plan director de participación cidadá da Policia Naciona.

  • Taller con “Tinkerkad. Primeiros pasos en realidade virtual: deseña en 3D. Como crear os elementos do meu primeiro videoxogo.”

Mércores 15:

  • Charla: “O que nunca poderán facer os robots.” Da man de Karla Alarcón directora Fundación Everis

  • Taller con “App Inventor. Crea a túa propia apliación móbil.”

Xoves 16:

  • Charla: “Robot, faime os deberes.” Será presentada por Javier Rodríguez Molowny experto en IoT.

  • Taller con “Scratch. Desafía á túa imaxinación.”

A Rede CeMIT configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega e ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre a citada actividade poden dirixirse á Aula CeMIT de Guitiriz sita na Rúa do Concello, s/n, 27300.

Para máis información chamar ao teléfono 982.370.062 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.guitiriz@xunta.gal

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies