Espazos Naturais - Guitiriz

A.R. San Xoán de Lagostelle

A.R. San Xoán de Lagostelle

Outro dos sitios máis carismáticos de Guitiriz é a “Area recreativa San Xoan de Lagostelle”, no que destaca unha frondosa vexetación, un bosque de piñeirais, carballos, salgueiros..... Neste lugar atopase o encoro que abastece de auga o concello, que se pode bordear dando un paseo e así ir descubrindo a flora e fauna da zona.

Alí mesmo, tamén esta situada a “Aula da natureza”, que é a casa do antigo garda forestal, onde se pode ver información da vexetación da zona, ademais hai que destacar a riqueza micolóxica do lugar. Esta acondicionado con mesas e bancos de pedra, ademais de parrillas onde poder facer unha boa comida o mesmo tempo que disfrutamos da natureza.

A.R. Sete Muiños

A.R. Sete Muiños

Un dos lugares máis emblemáticos de Guitiriz son “Os sete muíños” , chamado así porque conta con 7 muíños situados a beira do río Forxa, no que destaca a vexetación autóctona da ribeira e carballos de gran riqueza. Nesta area recreativa está situada a piscina natural que leva o mesmo nome, que foi feita aproveitando o curso do río.

O pe da piscina, río arriba pódese observar un dos muíños de auga, dende onde baixa a auga en cascada. Seguindo río abaixo atopámonos con outro dos muíños. Aínda que hoxe están en desuso conservan vestixios do que foron no pasado. Están construídos con mampostería de granito local e cubertos a dúas augas con pizarra.

Este é un lugar para disfrutar todo o mundo, tanto pequenos coma grandes. Os máis pequenos ademáis darse un “chapuzón” na piscina tamén poden pasar un rato divertido xogando no parque infantil situado nesta zona.

Nos sete muíños tamén está situada a Piscina Municipal climatizada con paneis solares, así pódese escoller entre darse un baño nas augas fresquiñas da piscina natural,ou nas máis quentiñas da municipal.

Carballeira de Parga

Carballeira de Parga

A “Carballeira de Parga”, esta situada na vila que leva o mesmo nome. Este espazo natural esta situado a beira do río Parga, ideal para observar a vexetación característica das ribeiras, e se teñen paciencia aínda poden ver algunha troita. A Carballeira posúe varias mesas de pedra, onde poder disfrutar dunha boa comida campestre. E moi típico ir a comer alí o día da Feira dos callos e cantería, ese día a carballeira esta chea de comidas e merendas familiares.

Ademais preto da carballeira está o CIT, que o un sitio idóneo para facer deporte en contacto cá natureza, xa que nas súas instalacións están situadas unha pista de baloncesto, de fútbol, e para que os máis pequenos tamén estean entretidos hai un parque infantil. A carballeira esta separada do CIT por unha ponte románica, que nas festas patronais do San Roque cóbrese de fogos artificiais que poñen o fin de festa.

Presa de Merra

Presa de Merra

A “Presa de Merra”, esta situada no lugar de Bascuas, na parroquia de San Salvador. É un lugar apropiado para olvidarse de todo, descansar e disfrutar da natureza. O longo do ano a beleza desta paraxe vai cambiando de forma e así no inverno vese o río Requeixo descender rapidamente , con saltos de auga moi caudalosos. A vexetación adquire unha cor máis intensa, e o bruar da auga río abaixo somérxenos nunha tranquilidade e nun remanso de paz.

Según van pasando as estacións vemos como a vexetación vai mudando, descubríndonos un novo lugar. No verán moita xente opta por darse un baño nas fresquiñas auga do río. Preto da presa de Merra tamén se pode ver un antigo muíño de auga, que son moi característicos na zona de Guitiriz.

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies