O obxectivo desta sección é por un lado, achegar o medio a nenos/as e por outro, servir de axuda para todas aqueles pais, nais, titores, etc. que desexen levar a cabo xogos ou actividades didácticas sobre o medio cos máis pequenos da casa.
 O medio comprende dunha forma ou outra todo o noso arredor:

A NATUREZA, A SOCIEDADE (AMIGOS, FAMILIARES,  COÑECIDOS...), CULTURA, TRABALLO...
Somos tantos e necesitamos tanto os recursos  naturais para vivir que están empezando a esgotarse e ensuciarse. Para evitar  isto, Necesitamos poñernos mans á obra!
 ¿Preguntácheste algunha vez  que pasa cos papeis ou lixo que botamos ao chan directamente? Grazas á acción  nin máis nin menos que da natureza, o lixo que botamos é reducido ou eliminada  do medio natural, pero o proceso pode tardar centos e miles de anos! Unha  acción moi positiva é a de RECICLAR, e farémolo en todos os ámbitos da nosa  vida, no cole,  na casa, de vacacións, cos amigos.

 Ensinámosche xogos onde  ademais de divertirte aprenderás só ou cos teus amigos todo o que podes facer  por coidar do medio ambiente... escoita e recoñece ruídos procedentes de animais ou ambientes sonoros e identifica de  onde veñen, cales son verdadeiros e cales non, etc.

 A Educación Ambiental ten  como obxectivo fomentar a conciencia ambiental, o coñecemento ecolóxico e  determinadas actitudes e valores encamiñados ao uso racional dos recursos e  desenvolvemento sostible. A UNESCO(organización das nacións unidas para a educación, a  ciencia e a cultura) fai especial fincapé nesta ferramenta e para iso elaborou  unha serie de manuais educativos dispoñibles a continuación.

 A enerxía é o motor de todas as actividades e seres vivos. Descobre como  mostrar aos nenos a súa importancia, construíndo xuntos un invernadoiro, un  muíño de auga e demais inventos sinxelos que funcionan con distintas fontes de  enerxía.

 ¿Que factores naturais interveñen na formación dunha paisaxe? Por que cambian  no tempo e cales son os motivos deste cambio? Infórmate e axuda a que os peques da casa o entendan realizando  interesantes e sinxelas manualidades.

 Que é e de que está formada a  atmosfera? E o vento? Como podo explicarllo aos máis peques?  Neste manual proporcionámosche os conceptos necesarios así como as instrucións  para fabricar o teu propio termómetro e anemómetro.

 Aínda que sexa o elemento natural  máis abundante da terra tamén é o máis explotado. Axuda a concienciar os máis  pequenos da súa importancia con diversos xogos e actividades que che propoñemos  neste manual.

 ¿Gustaríache observar pequenos animais vivos sen necesidade de facerlles  dano? Aquí propoñémosche algúns inventos para que poidas facelo. Sabes a  importancia que ten cada un dos seres vivos da terra? Dende o máis pequeno ao  máis grande, desempeñan unha función e participan no equilibrio dos  ecosistemas. Infórmate neste manual.

 Os nenos teñen unha  capacidade de aprendizaxe moi ampla polo que é importante instruílos nos bos  usos dende pequenos. Hai multitude de formas de lograr a súa atención e  conciencialos sobre a importancia de responsabilizarse sobre o consumo que fan  dos recursos. Neste manual, aprenderás como reciclar papel dunha forma moi  sinxela e como construír un niño para paxariños.

Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies