Residuos - Guitiriz

Que é un xestor de residuos?
A persoa ou entidade, pública ou privada, rexistrada mediante autorización ou comunicación que realice calquera das operacións que compoñen a xestión dos residuos, sexa ou non o produtor dos mesmos (segundo a Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular)

Lista de xestores autorizados

Por que debo contratar un xestor de residuos?
A Lei Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular define que o produtor ou outro posuidor inicial de residuos, con obxecto de asegurar o tratamento adecuado dos seus residuos, está obrigado a:
a) Realizar o tratamento dos residuos por el mesmo.
b) Encargar o tratamento dos seus residuos a un negociante, ou a unha entidade ou empresa, todos eles rexistrados conforme ao establecido esta Lei.
c) Entregar os residuos a unha entidade pública ou privada de recollida de residuos, incluídas as entidades de economía social, para o seu tratamento.

Ver Lei

Como podo saber se os meus residuos son considerados como perigosos?
Considéranse residuos perigosos aqueles que figuren na lista europea de residuos, publicada na Lei 7/2022, de 8 de abril, así como os recipientes e envases que os contiveran.

Lista Europea de residuos

Puntos de recolección de plásticos agrícolas ( Abertos continuamente son exclusivamente para plásticos agrícolas)

Punto Acopio Santa Cruz. Lugar Bouxon Sta Cruz. GPS: X: 602384 Y: 4786196

Punto Acopio Vilares. Lugar Pena do Toxo Vilares. GPS: X:590752.Y: 4790278

Punto de acopio Mariz. Lugar Meonzo Mariz. GPS: X:587972. Y: 4777976

Punto de Acopio Pígara. Lugar Costa do Castro Pígara. GPS: X: 602262. Y:4785983

Punto Acopio Sambreixo. Lugar Toar Sambreixo. GPS: X: 595795 Y: 4779755

Contenedores de baterías, CDS, bombillas, baterías e pequenos electrodomésticos

Praza de Santa María. 27300 Guitiriz

Rúa Ponteveiga,9 27300 Guitiriz

Recollida de Roupa

Rúa Río Forxá, s/n (enfronte igrexa Sta María)

Rúa San Xosé s/n ( ao pasar a vía do Tren) 27305 Parga

Recollida de mobles e enseres

Con cita no 982 370 109 (recepción do Concello)

Proxecto de reciclaxe de Aceite Usado

http://www.concellodeguitiriz.com/aceto/

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies