Rutas de sendeirismo

Ruta da Agua

Ruta da Agua

É un roteiro, para facer a pé, duns vinte kilómetros de lonxitude que tenta enlazar o CAMIÑO NORTE DE SANTIAGO coas tres fontes de auga medicinais existentes no Concello de Guitiriz: FONTE DE VALDOVÍN,en Parga, FONTE DE SAN XOÁN, en Lagostelle e FONTE DE PARDIÑAS, situada dentro da aldea do mesmo nome que pertence á parroquia de Lagostelle.

O inicio, nun lugar emblemático de Guitiriz, está na parroquia de Sambreixo, nunha paraxe singular coñecida como San Alberte onde conflúen unha ponte romana, unha interesante capela gótica con cruceiro deste século (esculpido pola canteira local Josefa) e un asombroso conxunto natural con gran variedade de árbores;

todo á beira do río Parga que nesta zona xa é adulto e corre raudo a xuntarse co Ladra uns kilómetros despois. Moi perto daquí, subindo só ….metros á esquerda, atópase o miradoiro de Sambreixo dende o que se pode disfrutar dunha fermosa visión da zona.

Ruta de Os Vilares

Ruta de Os Vilares

Ruta San Xoán

Ruta San Xoán

O roteiro comeza e Guitiriz, capital do concello, onde está a igrexa de San Xoán. Saímos do pobo en dirección norte ata chegar ó Pazo, dirixíndonos logo por camiños veciñais en dirección oeste ata chegar a Pardiñas, coñecido polo seu balneario de augas sulfuro sódico fluoradas, indicadas para afeccións hepáticas e doenzas biliares e do aparato dixestivo.

Continuando cara o oeste, internámonos xa no MVMC de San Xoán de Lagostelle, e tras pasar a lagoa artificial existente no límite co MVMC de Santa Mariña, ascendemos por pistas forestais en dirección norte ata a área recreativa de San Xoán, atravesando as repoboacións de piñeirais e frondosas do monte veciñal.

Chégase á área recreativa de San Xoán bordeando o encoro do mesmo nome, onde poderemos disfrutar do sosego da natureza, visitar a Aula Forestal, refrescarnos na fonte e no estanque existente, e apreciar a gran variedade de especies arbóreas que medran na zona. Retomando a ruta dende a área recreativa en dirección sureste, atravesamos de novo o monte de San Xoán, ata chegar ó lugar de Cezar e despois ó Pazo, dende nos diriximos de volta a Guitiriz.

Ruta da Pedra de Diaz Castro

Ruta da Pedra de Diaz Castro

Ruta da Auga e a Pedra

Ruta del agua y la piedra

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies